O Concello de Boiro doa material para La Palma

08 Outubro 2021

A agrupación de voluntarios de Protección Civil do Concello de Boiro realiza unha doazón de material para enviar a La Palma. Esta iniciativa parte da ANAV de Protección Civil en relación á petición realizada polas asociacións de Los Lanos de Aridane e El Paso de La Palma das necesidades de material tanto técnico como para a poboación afectada.

Dende o Concello de Boiro doouse un total de 100 mantas de 160×220 centímetros, 1112 máscaras faciais de nenos/as e 4000 mascaras de adultos. O persoal da agrupación de Boiro levou a Carballo o material remitido polo Concello de Boiro, onde se están a centralizar as recollidas para realizar un envío conxunto a La Palma.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.