O Club Lousame Deporte e o Concello convocan a V Andaina Solidaria con ASGPOH e a terceira edición do Pequetrail

27 Outubro 2021

O Concello de Lousame e o Club Lousame Deporte abriron as inscricións da quinta edición da Andaina Solidaria coa Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva (ASGPOH) e a terceira edición do Pequetrail, que terán lugar na mañá do sábado 18 de decembro no espazo natural de San Lourenzo (Tállara).

A inscrición no Pequetrail é de balde, mentres que a da andaina ten unha cota de 6 euros, que serán doados a ASGPOH. Ambas as dúas inscricións están abertas en www.emesports.es.

O concelleiro de Deportes de Lousame, Jesús Martínez, anima a veciñanza a sumarse a esta iniciativa solidaria xa que “aínda que por mor da COVID-19 decidimos establecer un máximo de 400 persoas participantes, tamén hai dispoñíbel un Dorsal 0 para quen queira colaborar na recadación de fondos para a investigación desta enfermidade rara e non queira, ou no poida, vir presencialmente á andaina”.

As persoas participantes na Andaina Solidaria sairán do espazo natural de San Lourenzo ás 10:00 horas para percorrer 14 km dunha dificultade baixa. Estímase a chegada dos primeiros camiñantes ás 13:00 horas no mesmo punto de saída. Estará permitido o acompañamento de mascotas, sempre baixo a responsabilidade da persoa propietaria e que non molesten a outras persoas, e haberá un avituallamento intermedio adaptado ás medidas do Protocolo COVID vixentes nese momento.

Na semana da Andaina, e unha vez finalizadas as inscricións, a organización enviará un correo electrónico a cada persoa participante con toda a información do evento e o protocolo a seguir. Deste xeito, deberán entregar, no momento da recollida de dorsais, o formulario de declaración de saúde COVID ou calquera outra documentación que se lles solicite, segundo as condicións sanitarias vixentes no momento da proba.

Pequetrail

Pola súa banda, a terceira edición do Pequetrail Castelo de San Mamede celebrarase o sábado 18 de decembro, a partir das 10:30, no entorno natural de San Lourenzo. Haberá cinco categorías en tres probas: benxamín, alevín e infantil e cadete e xuvenil, que superarán un percorrido de 1, 2 e 7 quilómetros, respectivamente. As inscricións, como vén sendo habitual, serán totalmente de balde.

O Club Lousame Deporte e o Concello de Lousame decidiron este ano separar nunha semana a celebración do Trail San Silvestre Lousame 2021 e a Andaina Solidaria xa que o protocolo COVID-19 dificulta a celebración de ambos eventos de forma conxunta (para evitar unha gran concentración de persoas). Ademais, a coincidencia co día de Nadal impide a súa celebración na mesma semana co Trail San Silvestre. Un Trail que, a día de hoxe, xa ten cubertas 329 das 500 prazas ofertadas (187 no trail curto e 142 no longo).

A Andaina Solidaria e o Pequetrail están patrocinadas por Construcións Fermín Simal SL, Hoka One One, 226ers, Gadis e Autos Comparado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.