O Club Baloncesto Berberecho Noia estrouse con derrota na primeira división galega fronte ao Maderas Zamar (67-71)

20 Outubro 2021

P.P.- Os noieses debutaron no pavillón Alonso Rodríguez esta tempada con derrota fronte ao conxunto da Estrada. Os Maderas Zamar levouse o gato á auga logo dun vibrante partido que se deicdiu nos últimos segundos (67-71).

O Club Baloncesto Noia foi de menos a máis. No inicio de partido os visitantes controlaron o xogo, o que lles permitiu poñerse por diante no marcador. Os locais saíron moi acelerados, o que provocou numerosas pérdidas, que os da Estrada aproveitaban para anotar tras recupración. No segundo cuarto unha pequena reacción local permitiu igualar o marcador, pero as faltas e o oficio dos visitantes lles permitiu chegar ao descanso con vantaxe, 25 a 35.

Logo da reanudación, o Berberecho Noia saíu coas ideas máis claras en ataque e aumentando a intensidade defensiva permitiulles igualar o partido. No último parcial decidiuse todo, e ahí os da Estrada foron mellores, para levarse o primeiro triunfo da temporada por 67-71.

Destacoua actuación de Mario Rodríguez que anotou 12 puntos para os noieses, e nos visitantes Samuel Pernas marcou a diferenza con 28 puntos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.