O Boiro Voleibol arranca a Superliga contra o Guaguas Canario

02 Outubro 2021

P.P. Xa non hai tempo para maís, Atrás quedan os meses de preparación, os partidos amigables e as sesións de adestramento de adaptación. Mañá sábado o Rotogal Boiro Voleibol debutará na Superliga 2021-2022 viaxando a Canarias para medirse ao Guaguas, un dos rivais máis fortes da competición e vixente campión. Os de Marcelo Benavídez non veñen na mellor forma posible, algúns xogadores están entre algodóns e os resultados tampouco acompañan. Na Copa de Galicia disputada a fin de semana pasada perderon os seus dous partidos. Pero aquí a situación é ben diferente.

Logo do cambio de directiva e da remodelación de parte do plantel, o técnico asegura ter a intención de “acabar entre os catro de arriba”. Así, mañá farán seu debut oficial, salvo última hora, Renan Levandoski, José Carlos Romero, Ismael Martínez e Gaby del Carmen. Outra das principais armas desde novo Rotogal Boiro é a aposta pola canteira, xa que de 14 xogadores que ten o plantel, 7 serán da canteira. Así, espérase que na xornada de mañá, o Boiro Voleibol mostre a súa mellor cara e sexa capaz de competirlle o encontro ao principal favorito para alzarse co título.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...