O Boiro recupera a confianza a costa do Xallas (0-4)

18 Outubro 2021

Chegaba o CD Boiro necesitado á cuarta xornada logo non conseguir ningún triunfo, e deixouno claro desde o pitido inicial. Os de Luis Carro foi moi superior ao Xallas desde o principio ata o final, tramo no que completaron a goleada (0-4) Comezou o partido cos boirenses en campo rival, tentando fundir á zaga de Santa Comba.
Rápido encarrilarían os de Barraña o encontro. No minuto tres Pereira aproveitaría un erro defensivo para poner o 0-1. O Boiro xa fixera o máis difícil, abrir a lata. Seguiuno intentando o cadro blanco trenzando rápidas combinacións na frontal do área. Á media hora de encontró chegou o segundo, obra de Piñeiro que rematou a pracer tras un centro medido de Pereira.
Antes de chegar ao tempo de lecer os boirenses tiveron ocasións para sentenciar definitivamente o partido.
Nos segundos 45 minutos os de Luis Carro seguiron dominando o encontró a través da posesión, evitando que o Xallas creara perigo. No minuto 85 Eloy, recén ingresado no terreo de xogo, fixo o terceira. Cando parecía que o marcador non se movería, habería tempo para que Javier Domingo transformase o definitivo 0-4 desde os 11 metros.
Con este triunfo o CD Boiro sitúase na sexta posición con cinco puntos. A vindeira xornada recibirá en Barraña ao Sigüeiro.

Outros artigos

O “Santa Isabel” protagonista dun artigo no diario “El Debate”

O xornal dixital "El Debate", publica este sábado un amplo artigo sobre o naufraxio do vapor-correo Santa Isabel do que recentemente se cumpliron 105 anos y en el que murieron 213 personas. O artigo leva por título "La gesta de las heroínas de Sálvora y Cebreiro,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Moitos non teñen avoa”. Luís Celeiro

“Moitos non teñen avoa”. Luís Celeiro

A Xunta de Estremadura, a través dun decreto publicado en xaneiro deste ano, concede axudaseconómicas para contratar aos avós que coiden dos seus netos. A nova apareceu publicada nosdiarios e a moitos lectores sorprendeunos. As avoas e tamén os avós eran (e son)...

“Diplomacia, moralidade ou caer da burra?” – Antón Luaces

“Diplomacia, moralidade ou caer da burra?” – Antón Luaces

O bloqueo petroleiro contra Cuba foi condenado pola Organización das Nacións Unidas (ONU). Ao mesmo tempo, este organismo internacional anunciou o despregamento de axuda humanitaria tendente a paliar a crise enerxética e alimentaria que, por tal medida coercitiva,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.