O BNG pide explicacións sobre as axudas ao marisqueo por mor dos temporais

19 Outubro 2021

A portavoz de Pesca do BNG, a pobrense Rosana Pérez, formulou unha pregunta ao Goberno sobre as axudas ás mariscadoras para paliar os efectos dos temporais no mes de febreiro. A parlamentaria nacionalista sinalou que as afectados e afectados solicitaron á Consellería a habilitación de axudas directas para o sector, “axudas que aínda están agardando, ao que se sumou a crise polo impacto da COVID tras un de peche da hostalaría”, dixo, engadindo que “mentres se producía esta situación, a Consellaría do Mar publicaba nos medios de comunicación titulares de apoio directo ao sector con contías concretas de dous millóns de euros”. Neste sentido, Rosana Pérez, preguntou á directora xeral de Desenvolvemento pesqueiro, “se as axudas foron suficientes” e “que cantidade dos 2 millóns de euros foi executada”. Asemade, a nacionalista tamén se interesou polas medidas da Consellería ante “os problemas detectados no inicio da campaña”.

Rosana Pérez explicou que os temporais de principios de ano afectaron á actividade marisqueira e zonas entre as que destacou: Abanqueiro, Cabo de Cruz, Vilaboa, Rianxo, Camariñas, Noia, Pontevedra, e Vilagarcía.

Pola súa parte, a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo, afirmou que existen 59 proxectos aprobados de 1,5 millóns de euros para a rexeneración marisqueira ao que a parlamentaria do BNG preguntou “cantos foron presentados porque despois da experiencia das axudas para o marisqueo pola COVID, o sector está moi escaldado despois de seren rexeitadas máis de mil solicitudes”.

Outros artigos

Elite e Consvial reformarán a escola infantil de Padrón

A mesa de contratación do Concello de Padrón adxudicou hoxe a construción da nova escola infantil á unión temporal de empresas formada pola firma padronesa Elite e a madrileña Consvial. A UTE comprométese a executar as obras nun prazo de seis meses e cun orzamento...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.