O BNG de Porto do Son, crítico coa situación da atención primaria no concello

05 Outubro 2021

O BNG de Porto do Son vén de emitir un comunicado relativo á situación na que se atopa a atención primaria no concello, que a agrupación opina debe ser mellorada para “evitar o proceso de deterioro que está a sufrir nos tres centros de saúde cos que conta o termo municipal”. Segundo lembran, isto agravouse os meses pasados co feito de que o ano pasado non se cubrisen as prazas vacacionais do persoal malia o aumento de poboación no concello, unha circunstancia que “lonxe de mellorar”, engaden, “foi empeorando coa chegada de outono”.

O BNG, a xeito de exemplo, explica os feitos recentes da seguinte maneira: “A pasada semana no Centro de Saúde (CS) de Porto do Son, durante varios días, só houbo 2 médicos de familia e outro a media xornada, porque a outra media xornada tivo que facela no CS de Xuño, dado que neste centro non hai médico. Esta situación levou a que moitas persoas usuarias dese centro ven como lles están a cambiar as súas citas xa que, a praza médica séguese cubrindo a media xornada, ou ben polo médico do CS de Portosín ou polos do CS de Porto do Son que, á súa vez, teñen que modificar as súas axendas de citas”.

Segundo engade a agrupación, a praza de medicina familiar do CS de Xuño “está descuberta debido a que as últimas persoas que ocuparon a praza, tras pasar por acumulación de xornadas laborais e rexeitamento de xornadas de descanso, optaron por solicitar outras prazas nas que tivesen unhas condicións laborais máis dignas”. A maiores, engade o BNG no seu comunicado, “a atención de cita médica telefónica das persoas usuarias do CS de Portosín está
sendo derivada ao CS de Porto do Son debido a que o médico ten que atender media xornada nese centro e outra media no CS de Xuño”. Así, explican, “no CS de Porto do Son pasouse de 3 prazas de persoal de administración a 2 xa que non se renovou unha das prazas”.

Asemade, critican o que consideran “un proceso de desmantelamento no servizo de urxencias que existía no CS de Porto do Son”, que derivou máis tarde en ausencias de persoal non cubertas e “agora”, medias xornadas dos profesionais para “cubrir as prazas médicas nos tres centros de saúde do concello”. Isto, din, “non é excepcional, xa que é forma de actuar do SERGAS en todos os concellos do país”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...