O Auditorio do Museo Valle-Inclán acollerá unha xornada sobre a crise enerxética e as cousas que podemos facer para pórlle freo

27 Outubro 2021

A Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), e a Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo organizan o coloquio Crise enerxética e límites do crecemento. Será este 5 de novembro ás 20.00 horas no Auditorio do Museo Valle-Inclán, e contará coa intervención de Begoña de Bernardo, presidenta da Asociación Véspera de Nada e membro da Rede de Decrecemento Eo-Navia I Galiza I O Bierzo.

Na charla contextualizarase a actual crise de enerxía e recursos que, máis alá dunha cuestión conxuntural, ten a súa orixe precisamente no feito de ter chegado ou estar a piques de chegar aos límites biofísicos do planeta, aos límites da extracción de moitos recursos.

A referida asociación nace en 2008 coa finalidade de facer un labor de información e divulgación con respecto da chegada ao cénit da produción do petróleo e outros combustibles fósiles, e das repercusións que isto terá para a economía e a vida a nivel global.

Para asistir requírese a inscrición previa a través do enderezo medioambiente@apobra.gal, indicando o nome, os apelidos e un teléfono de contacto. Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19.

Outros artigos

Cinco equipos loitarán por conquistar a XX Bandeira Concello da Pobra

A Pobra vivirá o sábado 12 de xullo unha das probas deportivas con máis historia do municipio: a XX Bandeira Concello da Pobra. A cita, organizada polo Club Remo da Pobra en colaboración co Concello, está encadrada dentro da Liga Galega de Traiñeiras B. A sala de...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.