O arcebispo de Santiago chama a axudar ás persoas sen fogar ante a nova campaña de Cáritas

27 Outubro 2021

Nunha Carta Pastoral con motivo da Campaña ‘Ninguén sen Hogar’, que está prevista para o vindeiro domingo, o arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, pon o foco no que considera unha “situación alarmante e que cada vez afecta a máis persoas que ven abocadas ao sinhogarismo, que viven na rúa ou en situacións lamentables, así como tamén as que ven afectadas polos desafiuzamentos”.

Segundo informa o arcebispado, apela a toda a cidadanía a “reivindicar os seus dereitos e contribuír con axudas a transformar esa realidade”. Esa é –lembra– a finalidade da campaña que anualmente dedica Cáritas a estas persoas que viven na rúa.
O domingo 31 de outubro celebrase a xornada ‘Sen Saída? Perdidos nun sistema de protección social que non protexe’.
Pola súa banda, Caritas lembra noutro comunicado que as persoas que dormen na rúa ou en lugares insalubres adoitan ser homes en idades comprendidas entre os 45 e 60 anos, perfil do que máis acode, con moita diferenza, aos centros nos que Cáritas préstalle atención. En todo caso, creceu a atención a mulleres.

En canto ás cifras é moi difícil cuantificar as persoas que están afectadas. Os datos de que se dispón a nivel da diocese de Santiago sinalan que da orde dunhas 2.000 persoas son atendidas en relación a temas de sen fogar ou con fogares moi deficientes. Unha cantidade que se pode chegar a dobrar a nivel de Galicia.

Outros artigos

“Cuando los socios no apoyan al Gobierno”. Arturo Maneiro

Cuando las materias que pretende conseguir o las normas quequiere aprobar no les favorece de forma clara -no sacan nada enlimpio, no hay más poder o más dinero-, los socios de investidurade Sánchez no lo apoyan; entonces, leña al PP.En estos casos, los ministros y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El fútbol es algo más” – José Antonio Constenla

“El fútbol es algo más” – José Antonio Constenla

¡Gooool! Ese es el cántico que se ha escuchado prácticamente en todas las calles de España. El “¡Yo soy español, español, español...!” ha retumbado en todos los rincones del país cuando el árbitro señaló el final del partido que nos ha convertido en reyes de Europa. 4...

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas lAs culturas, que se embebión...