O alumnado do obradoiro de cociña O Pote II visita a panadería D´Muiño e asiste a unha charla sobre seguridade no traballo

15 Outubro 2021

O obradoiro de emprego de cociña O Pote II viviu no día de hoxe unha intensa xornada no marco das súas actividades lectivas.
Así, a primeira hora o seu alumnado tivo oportunidade de visitar a Panadería D’Muiño, sita na rúa Manuel Lustres Rivas, e a continuación asistiu na Escola Municipal de Hostalería sita no edificio do Mercado a unha charla sobre seguridade no traballo e como utilizar os medios contraincendios.
Esta última actividade estivo organizada polo GAEM en colaboración con Bombeiros de Ribeira. Impartiron a formación Javier Regueiro e Rubén Gómez por parte do grupo municipal de emerxencias e Rubén Ros polo servizo de bombeiros.

Outros artigos

O PSdeG de Ribeira acusa ao PP de atrasar a residencia de maiores

O PSdeG de Ribeira cargou contra o novo anuncio da futura residencia de maiores e asegurou que non supón “ningunha solución real”, senón un novo atraso que pode prolongar durante anos a chegada dun servizo considerado esencial para o municipio. Os socialistas critican...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Propongo” – Manuel Domínguez

“Propongo” – Manuel Domínguez

Propongo una gran concentración ciudadana, empresarios, obreros, amas de casa, estudiantes, pueblo en general. Manifestando la repulsa, ante la cantidad de vandalismo que tenemos que sufrir diariamente Algo no funciona, la policía detiene al ladrón, le llevan al...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.