O alumnado do IES Praia Barraña coñeceu de primeira man o traballo das mariscadoras da Pobra

21 Outubro 2021

Este 21 de outubro, nos areais da Pobra, tiveron continuidade as xornadas de turismo mariñeiro impulsas polo Concello e a Asociación Mar da Pobra. A actividade deste xoves consistiu nunha xeira de divulgación e participación co alumnado do IES Praia Barraña de Boiro. Baixaron á praia dos Raposiños, co fin de coñecer o labor das mariscadoras locais, 15 mozas e mozos.

Seguindo a dinámica habitual para este tipo de actividades, primeiramente foron recibidos e recibidas no Auditorio do Museo Valle-Inclán por unha das técnicas do Turismo do Concello, quen lles explicou a actividade e amosou unha peza audiovisual que reflicte toda a cadea pola cal pasan os recursos marisqueiros (dende o proceso extractivo ata que chegan aos pratos), ademais de lles facer a entrega dun receitario de diferentes elaboracións con bivalvos que se fan nos establecementos hostaleiros da localidade.

Deseguido, desprazáronse ata o areal dos Raposiños para coñeceren a pé da praia o mundo marisqueiro a través das propias mariscadoras.

Estas visitas-experiencia nacen da man da Concellaría do Turismo da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), en colaboración coa Asociación Mar da Pobra, cos obxectivos de “achegar o oficio das mariscadoras ás novas xeracións” e “fomentar o respecto polo mar, polo traballo neste eido e polo medio natural, ao tempo que se contribúe con esta acción á desestacionalización da demanda turística”.

A dita iniciativa dirixida a alumnado de centros educativos de toda Galicia continuará desenvolvéndose nos vindeiros meses seguindo o formato das xornadas que transcorreron durante o verán.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.