Miguel Corgos López-Prado novo Conselleiro de Facenda e Administración Pública

16 Outubro 2021
MIGUEL CORGOS LÓPEZ-PRADO

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, asinou, no día de hoxe, o decreto polo que nomea como novo conselleiro de Facenda e Administración Pública a Miguel Corgos López-Prado.
Ata o momento e desde 2009, Corgos ocupa o cargo de director xeral de Orzamentos – desde decembro de 2012 director xeral de Planificación e Orzamentos- do mesmo departamento. O novo conselleiro tomará posesión do seu cargo o próximo luns, 18 de outubro, tras a publicación do decreto no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Miguel Corgos López-Prado (A Coruña, 1971) é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais na especialidade de “Económicas. Economía financeira” pola Universidade da Coruña (UDC). Ademais, é máster en Administración Financeira e Tributaria (UDC) e posgrao en Auditoría de Contas (UDC-REA). Do mesmo xeito, realizou o curso da escala
superior de finanzas na especialidade de intervención (Xunta de Galicia), o de escala superior de finanzas na especialidade de inspección e xestión tributaria (Xunta de Galicia) e ten o Diploma de directivo da Xunta de Galicia (Escola Galega de Administración Pública).

A súa experiencia profesional é a seguinte:
 Funcionario en prácticas de escala superior de finanzas na Intervención Xeral da Comunidade Autónoma da Consellería de Facenda (2000).
 Xefe de servizo relacións co Consello de Contas na Intervención Xeral da Comunidade Autónoma da Consellería de Facenda (2002).
 Xefe de servizo de control financeiro en entes públicos na Subdirección Xeral de Control Financeiro Permanente da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma da Consellería de Facenda (2003).
 Subdirector xeral de Control Financeiro Permanente na Intervención Xeral da Comunidade Autónoma da Consellería de Facenda (2005).
 Subdirector xeral de Control Orzamentario na Dirección Xeral de Orzamentos da Consellería de Facenda (2007).
 Director xeral de Orzamentos da Consellería de Facenda (2009).
 Director xeral de Planificación e Orzamentos da Consellería de Facenda desde decembro de 2012.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.