Martes con nubes e claros e choiva cara a noite

18 Outubro 2021

O martes a aproximación a Galicia dunha fronte polo noroeste intensificará a circulación de ventos do sur.

Teremos así unha xornada de ceos parcialmente nubrados, con máis nubes no oeste e sur da Comunidade. A fronte traerá chuvias puntualmente intensas pola noite. As temperaturas mínimas sufrirán un moderado descenso mentres que as máximas seguirán sen cambios significativos. O vento soprará forte de compoñente sur.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do sur á mañá e á tarde e do sur á noite, forza 5 a 6 á mañá e á tarde e 4 a 5 á noite. Forte marusía. Visibilidade boa á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do oeste á mañá e sudoeste á tarde e á noite, con ondas de 1 a 2 metros á mañá, 1.5 a 2 metros á tarde e 1.5 a 2.5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar04:073.5 m
Baixamar10:080.7 m
Preamar16:193.7 m
Baixamar22:280.6 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar03:583.5 m
Baixamar09:580.8 m
Preamar16:103.6 m
Baixamar22:180.7 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar04:033.5 m
Baixamar10:030.7 m
Preamar16:153.7 m
Baixamar22:240.6 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Este venres 11, máis sol co avance do día e temperaturas en ascenso

O reforzo da influencia anticiclónica e a entrada de circulación de vento do nordés marcarán a predición meteorolóxica deste venres, garantindo unha xornada de tempo seco e progresivamente máis despexado. Durante as primeiras horas da mañá predominarán as nubes baixas...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.