María e Manuel os nomes máis frecuentes das nenas e nenos que nacen na Comarca

22 Outubro 2021

O Instituto Galego de Estatística (IGE) publicou hoxe a ‘Estatística de nomes dos neonatos galegos’ correspondente ao ano 2020, que reflicte que ‘Sofía’ e ‘Mateo’ seguen a ser os nomes máis frecuentes das nenas e nenos nados en Galicia. Na comarca María e Manuel son os nomes máis frecuentes.

Os nomes de mulleres máis comúns en Galicia son ‘Sofía’, ‘Noa’, ‘Martina’, ‘Lara’ e ‘Valeria’. Se se comparan co 2019, os catro primeiros continúan na mesma posición, mentres que ‘Valeria’ pasa do posto número sete (2019) ao número cinco (2020), que intercambia con ‘Lucía’.

En canto aos nomes masculinos, a estatística mostra que os cinco máis frecuentes son ‘Mateo’, ‘Martín’, ‘Lucas’, ‘Hugo’ e ‘Leo’. A comparativa co ano 2019 reflicte que estes eran tamén os nomes preferentes nese ano, coa diferencia de que ‘Lucas’ estaba no segundo lugar e ‘Martín’ no terceiro e no 2020 houbo un intercambio de posicións.

Por outra banda, se se amplía a mostra e se teñen en conta os 20 primeiros nomes, pódese ver como entre 2019 e 2020, no caso dos nenos, todos os nomes se manteñen na lista, agás ‘Roi’ e ‘Alejandro’, que dan paso no 2020 a ‘Xoel’ e ‘Mario’.

En canto ás nenas, no 2020 incorpóranse ‘Mía’ e ‘Alma’ e desaparecen do listado dos 20 primeiros ‘Alba’ e ‘Emma’. Hai que destacar que, na actualidade, medra a tendencia a empregar nomes galegos tanto para as nenas (‘Antía’, ‘Uxía’ ou ‘Sabela’) como para os nenos (‘Brais’, ‘Antón’ ou ‘Iago’).

Estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación da comarca

RIBEIRA
A POBRA
BOIRO
O SON
NOIA
LOUSAME
OUTES
MUROS
CARNOTA

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.