“Máis leña ao lume “. Antón Luaces

06 Outubro 2021

Por se fora pouco o que temos no sector pesqueiro, o Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES), ven de botar unha xerra de auga fría que, ata os días do 9 ao 12 de novembro, non se vai saber se, finalmente vai ser morna ou a van quecer os que xa están a afiar, e con razón, as coitelas. En eses días citados vai reunirse (será a XL sesión anual) a Comisión de Pesqueiras do Atlántico Noroeste (CPANE) e será para dar a coñecer o seu dictame sobre a máis que probable redución do Total Admisible de Capturas (TAC) da xarda.

O citado Consello Internacional publicou o 30 de setembro último distintos dictames sobre a captura de especies peláxicas no ámbito nororiental do Atlántico, da súa competencia, recomendando a fixación dun TAC de 794.920 toneladas de xarda para o ano 2022 (un 6,7% menos do recomendado para 2021). Amáis formula unha rebaixa do 8% para o arenque atlántico-escandinavo  deixando esta pesqueira en 598.588 toneladas, e do 19% menos a de lirio, co que esta especie terá un TAC de 752.736 toneladas. Estas cifras de redución refírense á comparativa co ano 2021 e. de se manter así ata o remate da reunión, en nada vai favorecer a Galicia que ten na xarda e no lirio dúas pezas básicas para as súas frotas .

Negativo, polo tanto, o informe do ICES. Moi negativo. E aínda pode ser maior esta negatividade se se ten en conta que os países da ribeira poden empiorar a situación debido ao seu desacordo porque os descensos non significan, nen moito menos, que as pesqueiras citadas estean en mal estado a longo prazo. Este desacordo ten un forte trasfondo no BREXIT que, cada vez máis, semella provocar un rexeitamento mairotario no sector pesqueiro británico, e xa provocou que varias certificacións  do Marine Stewarship Council (MSC) foran tamén suspendidas.

Por to isto foi creado o grupo de presión transnacional North Atlantic Pelagic Advocacy (Napa) que integra a fabricantes e distribuidores británicos, escandinavos e europeos que, xa antes de que se dera a coñecer o dictame do ICES, o devandito grupo pedira as nacións pesqueiras que “deixen de lado os seus intereses nacionais e se comprometan a adoptar medidas de xestión sustetable para estas poboacións na vindeira reunión dos Estados costeiros.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.