“Lugares que nos fixan”. Andrés Fariña Cadenas

26 Outubro 2021

Co paso dos anos imos deixando atrás moitas cousas que ao volver escoitalas ou velas tráennos á memoria momentos vividos e gozados. A música quizais sexa o mais sensible, e permítenos viaxar no tempo pasado. Hai cancións que nos lembran unha época, trasládannos a un escenario onde somos capaces de ver amigos e lembrar momentos entrañables que tiñamos esquecidos. Pero tamén hai lugares e recunchos que nos dan esa oportunidade de lembrar como eramos e de onde vimos, que tan necesario é nesta vida de tanta soberbia.

Esa escaleira da foto, cos seus tres chanzos, que para moitos serán insignificantes, lembran a nenez dun grupo de nenos que pasabamos tardes e tardes neles sentados. Só deixabamos as escaleiras para xogar ao fútbol no noso estadio da praza de Compostela, farol incluído. Hoxe sería imposible. O negocio primeiro. Nin un cristal roto, nin un problema cos veciños. Sabiamos xogar compartindo. Esa escaleira era o punto de encontro, banco de descanso e faladoiros, lugar de programación dos nosos xogos rueiros. Miradoiro do pasar dos nosos coñecidos. Resulta curioso ver como unha simple escaleira pódeche traer á memoria os nomes de compañeiros, aqueles que alí nos reuniamos no noso tempo libre, e aos que hai tempo que non vexo. É incomprensible a facilidade coa que se derruban eses recunchos para construír unha cidade impersoal, sen ningún tipo de ligazón, montando un escenario novo e indiferente coa nosa historia, que nos desvincula da contorna. Resulta grotesca a incoherencia do ser humano destruíndo as cidades para despois reconstruír a historia e acougar a mala conciencia. É como un acto de desesperación, disruptivo, no que rompemos co noso pasado máis persoal. Confundimos o novo co mellor, sen darnos conta do enorme dano que causamos no territorio e que xa estamos a sufrir por tanta devoción polas estreas low cost. Nestes tempos de novas pandemias, resultan moi necesarias “esas escaleiras”, a xeito de referencias urbanas que temos fixadas na nosa mente, para poder identificar a contorna que habitamos no pasado. Estes lugares tamén axudan aos nosos maiores con senilidade a non perderse na cidade que os viu nacer. Di Sabina: “E en lugar do teu bar atopeime unha sucursal do banco hispanoamericano”. Unha denuncia ante ese esquecemento infrinxido polo urbanismo atroz, especulativo, onde uns explotan as carencias básicas doutros.

Julio, Fernando, Lisardo, Nene, Fermín, Isidoro, Jesús, Andrés, Fidalgo, Milucho, Vicente e moitos outros. Desde esas escaleiras fomos actores directos dunha socialización, non programada, que gozamos libres de medos, compartindo o ben común e que nos conduciu até hoxe. Un tempo de agora no que nada ten que ver a ocupación de espazo de “estas escaleiras” coa invasión do dominio publico dos locais comerciais, que amparándose nas normas de accesibilidade, achican sen orde as beirarrúas das nosas rúas.

Outros artigos

“Humor chabacano”. José Castro López

España fue y es tierra de grandes humoristas. Muchas generaciones disfrutaron leyendoLa Codorniz y Hermano Lobo, viendo los sketches de Tip y Coll, de Gila, de Martes yTrece, escuchando los monólogos de Pedro Ruiz o Moncho Borrajo… y ahora somosmuchos los lectores que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El final del progresismo” – José Antonio Constenla

“El final del progresismo” – José Antonio Constenla

El progresismo deshoja la margarita de su supervivencia en todo el mundo. Contemplamos su pérdida aplastante en EE.UU., en Italia, Austria, Países Bajos, Alemania y también Francia y Reino Unido están al borde del cambio político. Desde los años 90 del siglo pasado,...

“13 de enero, Día de la Depresión” – Manuel Domínguez

“13 de enero, Día de la Depresión” – Manuel Domínguez

Hoy 13 enero es día de recordar, no celebrar, el Día de la Depresión. Es día para el recuerdo de una enfermedad, una enfermedad pluri- afectiva, es decir no solo la sufre quien la tiene sino la familia que le rodea. En las actuales condiciones del país, es fácil no...