Jorge Juncal e María Faltri levan a súa Fantasía musical á rapazada de Rianxo

05 Outubro 2021

Ao abeiro do ciclo de actividades culturais Xoves da Biblioteca e dentro do programa autonómico Ler Conta Moito, Rianxo vai acoller o vindeiro 14 de outubro (a partir das 18.00 horas) un espectáculo para cativos de partir de 4 anos destinado a estimular o interese pola música e as letras. Trátase de Fantasía musical, a cargo de Jorge Juncal e María Faltri.

As entradas son gratuítas, previa reserva de localidades no correo biblioteca@concelloderianxo.gal (preferente) ou no teléfono 667 185 581 ata as 20.00 horas do mércores 13 de outubro.

A reserva será efectiva cando se confirme dende a Biblioteca Municipal de Rianxo.

Fantasía musical é unha celebración interactiva e participativa da creatividade artística dirixida polos músicos Jorge Juncal e María Faltri, que combinan, na súa proposta, a interpretación de melodías diversas coa aparición de divertidos personaxes que, amais de mostrar ás crianzas os segredos da creación musical, estimularán o coñecemento que teñen das letras e das palabras.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.