Iniciáronse en Dodro os traballos para a recuperación do petróglifo de Bouza Abadín

28 Outubro 2021

Na xornada deste 25 de outubro, o Concello de Dodro e a Deputación da Coruña iniciaron os traballos de conservación e posta en valor do petróglifo de Bouza Abadín, na CCMM Cruz do Avelán. Os labores, que se inician trala roza dos terreos nos que se asenta o petróglifo levados a cabo a semana pasada, teñen por obxecto a limpeza dos soportes gravados, a eliminación da vexetación intrusiva, a documentación rigorosa dos motivos, e a sinalización e elaboración de paneis explicativos.

A iniciativa é froito da colaboración entre a área provincial de Turismo e o Concello de Dodro, que mantiveron recentemente unha xuntanza na que participaron o vicepresidente provincial, Xosé Regueira, e os concelleiros Cultura e Ensino de Dodro, Xoán Xosé Vicente Franco e Abel Tarrío, e na que se acorada “dar pasos conxuntos para a mellora e promoción deste ben patrimonial de especial interese no concello de Dodro”.

Segundo explica a Deputación, o petróglifo de Bouza Abadín posúe “unhas privilexiadas vistas sobre o río Ulla” e é “sen dúbida o máis coñecido do termo municipal”. Inclúe unha combinación de motivos xeométricos, tales como círculos e cazoletas, e motivos naturalistas, coa representación de animais como cervos e escenas de equitación. “Na actualidade”, explicaron o Concello e a entidade provincial, “a visibilidade dos gravados estaba a ser cada vez máis dificultosa debido a un manto de colonización biolóxica que cubría parcialmente as pedras, posto que a última intervención data de 2011”.

A recuperación está a ser desenvolvida pola pola empresa especializada Árbore S.Coop. Galega e consistirán na limpeza en seco dos soportes gravados eliminando a vexetación máis intrusiva e daniña seguindo as pautas de restauración pertinentes e mediante o uso de palillos de madeira, cepillos etc. Posteriormente documentarase cada motivo mediante fotogrametría e xeración de modelos 3D que serán utilizados como base para a obtención de calcos dixitais. Por último, tamén se deseñará unha cartelería específica que integre o petróglifo cos demais bens patrimoniais da súa contorna

O petróglifo de Bouza Abadín forma ademais parte da ruta Pensa Nao, baseado na novela de Anxo Angueira; un recurso de especial interese cultural e patrimonial que pasa polos principais lugares arqueolóxicos de Dodro. Está considerado, ademais, un tesouro da Idade de Bronce.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.