Galicia achégase aos 2.1 millóns de certificados Covid emitidos

23 Outubro 2021

A Xunta de Galicia emitíu un total de 2.075.373 certificados covid. Deles, 1.998.894 foron certificados de vacinación, 47.244 foron certificados de resultado de proba diagnóstica e outros 29.235 certificados de ter superado a enfermidade.
Ademais, e tras aprobarse por parte do Goberno de España a venda de autotest nas oficinas de farmacia, a Xunta de Galicia asinou, co obxectivo de evitar unha maior carga asistencial na atención primaria, un acordo cos Colexios Oficiais de Farmacéuticos de Galicia para que as oficinas de farmacia adheridas poidan acreditar a validez dos resultados destas probas e integrar os seus resultados nos rexistros do sistema público de saúde. Até o día de hoxe, as oficinas de farmacia rexistraron os resultados das probas dun total de 48.556 persoas, que permitiron localizar a 513 persoas con resultado positivo.
Así mesmo, a Xunta de Galicia, en colaboración coas áreas sanitarias, estivo a realizar tests de antíxenos de xeito gratuíto nos puntos situados nos diferentes distritos sanitarios.
Unha vez que se pecharon estes puntos, o balance final indica que se realizaron tests a un total de 27.816 persoas, o que permitiu detectar 311 casos positivos.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.