Formalizadas dúas novas incorporacións ao Viveiro de Empresas de Ribeira

14 Outubro 2021

O Concello de Ribeira vén de informar dun importante aumento da actividade no Viveiro de Empresas Municipal, que vén de sumar nas últimas semanas dúas novas incorporacións. Trátase de dous gabinetes de psicoloxía que se acaban de implantar nesta infraestrutura destinada a facilitar o labor daqueles emprendedores que se animan a lanzar un negocio.

De feito, segundo explica o Servizo Municipal de Orientación Laboral radicado no edificio do Viveiro, nos últimos tempos “estase a percibir un repunte no número de persoas que se mostran interesadas en coñecer o seu funcionamento e valorar ocupar un despacho”.

O Viveiro ofrece entre outros servizos oficinas individuais, unha sala de reunións e outra de usos múltiples, amais dun servizo permanente de formación e asesoramento. O Concello lembra que aquelas persoas emprendedoras que sintan interese poden pórse en contacto co devandito Servizo de Orientación Laboral a través do teléfono 98 771 497 ou ben acudindo presencialmente ao Viveiro.

Dende a súa apertura xa pasaron novos profesionais pertencentes a sectores como a consultoría, os idiomas, a imaxe e son, a xestión deportiva, a nutrición, a tecnoloxía ou o mercadotecnia dixital.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.