Este venres clausúrase a primeira convocatoria de EcoNoia e colle impulso a segunda edición

21 Outubro 2021

Este venres 22 de outubro vaise celebrar no salón de actos da Sociedade Liceo de Noia a clausura do programa EcoNoia, impulsado pola Confraría de Pescadores San Bartolomé e a marca colectiva Berberecho de Noia para impulsar e reivindicar o marisqueo e a pesca sustentábel (que non son outros que os relacionados coa tradición pesqueira e marisqueira da nosa comarca) e para sensibilizar ao sector e á sociedade acerca de necesidade de coidar o medio mariño. Na cita tamén se presentarán os detalles da segunda parte do proxecto, EcoNoia II. Contarase coa presenza da directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo, e representantes dos Concellos de Noia e Outes.

Máis datos da iniciativa

O proxecto EcoNoia, abeirado ao programa Mar Limpo da Consellería do Mar, é unha acción de Responsabilidade Social Corporativa (RSE) da Confraría de Pescadores de Noia. Un dos seus grandes obxectivos é retirar o lixo acumulado nos bancos marisqueiros e divulgar e concienciar sobre o impacto ambiental do lixo mariño. É unha excelente oportunidade para fomentar valores sustentábeis e ecolóxicos tanto individuais como colectivos, poñendo o foco na importancia económica futura de todo o que se faga hoxe a prol do medio ambiente mariño.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.