Este venres, chegan a Boiro os “Contos de recreo” de Redrum Teatro

26 Outubro 2021

Este 29 de outubro, venres, a compañía Redrum Teatro vai estar en Boiro para ofrecer á rapazada o espectáculo Contos do recreo, especialmente recomendado para público infantil e familiar (crianzas de máis de catro anos). Será no auditorio da Casa da Cultura de Boiro, a partir das 20.00 horas. A capacidade será limitada e o prezo das entradas de 2,5 euros. Estarán dispoñíbeis no mesmo lugar da función a partir das 18.00 horas.

Contos do recreo é un espectáculo cualificado pola compañía de “optimista e emocionante” no que as e os integrantes de Redrum fixeron un esforzo especial para sensibilizar ás crianzas arredor da prevención do acoso escolar. Cóntanos a historia de Alicia, unha rapaza que se divirte mofándose das súas compañeiras e que no recreo previo ao exame máis importante do curso, aparece nun lugar máxico habitado por Xacobe, habitado pola estrafalaria estatua Xacobe. Para poder saír de alí e chegar ao exame, Alicia terá que resolver os enigmas e superar as probas que se agochan trala porta dos recreos pasados, presentes e futuros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.