Este sábado remata o Curso de Iniciación ao Gravado de Rianxo

29 Outubro 2021

Este sábado 30 de outubro, ás 12.45 horas no Centro Social Liceo de Rianxo (andar baixo), vaise celebrar o acto de entrega de diplomas do Curso de Iniciación ao Gravado, formación enmarcada nas celebracións do centenario de Faustino Rey Romero organizadas polo Concello de Rianxo.

Para máis información poden dirixirse ao Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo, no teléfono 981 100 688  ou no correo electrónico cultura@concelloderianxo.gal.

O dito curso celebrouse os sábados deste mes de outubro (dende o día 9). Foi dirixido a persoas de máis de 16 anos e no seu desenvolvemento colaborou arreo o Museo do Gravado de Artes (en Ribeira).

Un obradoiro de gravado celebrado no Museo de Artes en Ribeira nunha imaxe de El Correo Gallego

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.