En Ribeira aceptan o pago dunha multa por golpear a dúas persoas á saída dun pub

04 Outubro 2021


Dous homes acusados de golpear a dúas persoas á saída dun pub, no partido xudicial de Ribeira, aceptaron ser condenados como autores dun delito de lesións, coa atenuante de dilacións indebidas.

Segundo o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), cada un deles aceptou a condena por este delito e o pago dunha multa de 720 euros tras o acordo de conformidade, no xuízo celebrado na sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña.

Outros artigos

O núcleo de Outeiro (Araño) xa conta con firme renovado

O Servizo de Obras do Concello de Rianxo vén de executar a renovación do firme con asfalto en quente na aldea de Outeiro, na parroquia de Araño. A vindeira semana o Servizo de Obras comezará os traballos para renovar o firme no núcleo de Adadelos (Asados), así como no...

+

Boiro presume de tecido cultural e asociativo

O Concello de Boiro organizou este venres o I Encontro do Tecido Cultural Boirense, unha xuntanza destinada a poñer en valor o labor das entidades, asociacións culturais e comisións de festas do municipio, ademais de establecer as bases para unha programación conxunta...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión