En marcha en Ribeira a Aula Galega de Saxofón cunha ducia de alumnos e un sobranceiro equipo docente

25 Outubro 2021

Esta pasada fin de semana deu comezou un novo curso do seminario Aula Galega de Saxofón, organizado dende o Conservatorio de Música Profesional de Ribeira Enrique Paisal. Esta edición, que xa fai a número catorce, trae “importantes novidades”, segundo fixo saber o Concello, que salienta (neste capítulo de cousas novas) a estrea dun novo profesor titular, Xabier Casal, músico e docente compostelán que foi alumno da Aula no inicio desta actividade e que máis tarde cursou o Grao Superior en Salamanca e ampliou os seus estudos en Bordeos (dous anos) e Colonia outros 2 nun mestrado de música de cámara dos seus compañeiros de Fukio Saxophone Ensemble. A día de hoxe, Xabier Casal combina a docencia no Conservatorio Superior das Illas Baleares con numerosos concertos por toda Europa con Fukio.

A Aula arrinca este ano con 12 alumnos e alumnas procedentes de Ribeira, distintos puntos das xeografía galega e incluso Madrid e, como habitualmente, cun Encontro mensual que se desenvolve en fin de semana.

Segundo explica o Concello, o cartel de profesorado é “do máis alto nivel”. Así, acompañará a Xabier Casal, a pianista Hilomi Sakaguchi (do Conservatorio Jaques Thibaud de Burdeos e unha das pianistas acompañantes de saxofón máis relevantes do panorama mundial), que visitará Ribeira en tres encontros coincidindo con audicións do alumnado. Será en decembro, marzo e xuño. Ademais durante a súa visita dedicará unhas horas a impartir clases maxistrais de piano.

Completan o cartel Adrián Pais, profesor do Conservatorio Superior de Música de Galicia no encontro de febreiro, Roi Barros (luthier), que impartirá unha clase de mantemento do instrumento e fará pequenos arranxos aos instrumentos do alumnado que así o precisen e, por último, en xuño, Miguel Ángel Lorente, profesor de Musikene, Centro Superior de Música do País Vasco. Toda esta actividade está organizada e coordinada polo profesor de saxofón do conservatorio de Ribeira José Fungueiriño. Neste primeiro Encontro a Aula contou coa visita de Juan Brión Santamaría, concelleira de Educación quen lle deu a benvida a Xabi Casal e deu ánimo ao alumnado para seguir traballando e formándose co novo profesor.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.