Dúas rapazas resultaron feridas nun accidente de cirulación logo de chocar frontalmente coa moto contra un autobús. O suceso tivo lugar na estrada principal CP-7304 en Artes ás 18:00 horas. Ambas rapazas ían nunha Vespa en dirección a Corrubedo nunha quedada de motorista. Ao parecer saíronse do carril logo de dar a curva, onde colisionaron frontalmente contra un autobús que ía en dirección Ribeira.
As dúas rapazas de mediana atopábanse con feridas de importancia considerable. Unha delas tiña afectadas gravemente as extremidades inferiores e a outra con feridas na cabeza.
Ambas rapazas, de mediana idade atopábanse conscientes no momento que chegaron os Bombeiros, alertados polo resto de motoristas. Ata o lugar do sucesos achegáronse máis tarde a Policía Nacional, A Policía Local, a Garda
Civil, os Servizos do GAEM e dúas ambulancias, que trasladaron ás rapazas ao Hospital do Barbanza ás 18:45 horas.
