Dores Torrado e Carlos Muñiz incorporanse ao Goberno local de Boiro

06 Outubro 2021

Este mércores fíxose oficial a incorporación ao goberno local do Concello de Boiro, presidido por José Ramón Romero García, de Carlos Muñiz e Dores Torrado. Nunha rolda de prensa celebrada esta tarde o alcalde, José Ramón Romero, e os dous concelleiros que pasan a formar parte do goberno local expuxeron os motivos que os levou a firmar este pacto de gobernabilidade.
Con esta nova designación de delegacións, o alcalde, José Ramón Romero García, terá as delegacións de Representación Institucional, Seguridade e Orde Público e Participación Cidadá; Luís Ruiz, Urbanismo, Obras e Servizos, Economía e Facenda; María Outeiral terá Cultura, Ensino, Persoal e Patrimonio; Marcos Fajardo terá Comercio, Consumo, Alumeados, Cemiterios, Limpeza Viaria e Recollida de Lixo; Raúl Treus terá as delegacións de Servicios Sociais, Medio Ambiente e Administración Xeral; Dores Torrado terá Deportes, Mocidade, Feminismo e Igualdade, Lingua e Memoria Histórica; Carlos Muñiz terá Desenvolvemento e Promoción Económica e Turismo.
Este acordo xorde dunha posta común das distintas forzas políticas para elaborar un programa de obxectivos que levar a cabo no que resta de lexislatura, entre os que se atopan a aprobación do orzamento municipal; o proxecto para a construción do vial de Berres; elaboración dun plan de mobilidade sostible; a modernización da recollida de lixo; ou a optimización do consumo enerxético.
Carlos Muñiz anunciou, durante a rolda de prensa, a súa marcha do grupo municipal Ciudadanos para poder formar parte deste acordo de goberno co “compromiso firme de servir a Boiro e apoiar todas aquelas iniciativas que
beneficien á veciñanza e que son necesarias para o noso concello”. Dores Torrado anunciou os motivos que levaron ao seu grupo a formar parte do acordo que se asina. “O día de hoxe ten que supoñer un punto de inflexión de cara a conseguir unha estabilidade política para levar a cabo os proxectos que Boiro necesita”.
O alcalde, José Ramón Romero, anunciou o compromiso que se oficializou este mércores para que o pobo de Boiro siga avanzando xa que “os veciños de Boiro teñen que estar por encima de todo”. “Este é o resultado das negociacións e traballo que as distintas forzas políticas do municipio para quitar a Boiro do bloqueo político”, recoñeceu o alcalde.
Este acordo de gobernabilidade do Concello de Boiro parte do compromiso do traballo conxunto, por encima dos intereses partidistas, para levar a cabo proxectos e iniciativas en beneficio da veciñanza.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...