“Dereitos sociais” – José Manuel Pena

20 Outubro 2021

Hai persoas e familias enteiras, principalmente de raza xitana, que malviven en chabolas ou infravivendas formando auténticos poboados de extrema marxinalidade e creando unhas evidentes situacións de vulnerabilidade e de exclusión social. As diferentes Administracións Públicas, desde hai algún tempo, queren acabar con estas situacións, desmantelando os poboados chabolistas e reacollendo a esas familias nunhas vivendas dignas de promoción pública.

En Galicia, concretamente nas provincias de Pontevedra e A Coruña, algunhas familias manifestan a súa repulsa contra o dereito desas “outras familias” a poder gozar dunha vivenda digna e dunha mínima calidade de vida, acorde aos tempos que vivimos. Algúns dos argumentos esgrimidos é que “se pode trasladar dos poboados chabolistas a delincuencia e a venda de droga aos seus barrios, creando perigo para os seus fillos”, mentres tanto os fillos desas familias que continúen malvivindo na marxinalidade e na exclusión social.

Triste e vergoñoso que unha vez que os poderes públicos queiran evitar a marxinalidade, dunha parte dos cidadáns que non teñen medios suficientes nin a sorte dalgúns, sexan algúns veciños insolidarios e carentes da ética máis elemental os que se opoñan ao benestar social duns poucos a través da insolidariedade e esgrimindo argumentos xenófobos e pouco humanitarios.

A Administración ten que cumprir coa súa obrigación, amparando sempre aos que menos teñen e apoiando o benestar social de todos os cidadáns, sen distinción de idade, clase social ou raza. Pola súa banda os veciños temos que afacernos a vivir cos nosos semellantes co respecto e consideración que se merecen se queremos que eles tamén nos respecten. Vivimos nunha sociedade globalizada, multicultural e multirracial.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...