CONGALSA presenta en Conxemar unha ampla gama de produtos saudábeis para a hostalería e o fogar

05 Outubro 2021

Entre as empresas punteiras que se atopan estes días no salón Conxemar de Vigo, que abriu este 5 de outubro as súas portas no IFEVI (abertas até pasadomañá), atópase un ano máis a compañía alimentaria CONGALSA, que presentará as súas novidades tanto para a canle HORECA (acrónimo de Hoteis, Restaurantes e Cafetería) como para o comercio retallista. Farao baixo o concepto Conxemar 2021 – A nosa mellor versión. A empresa da Pobra, centrada como lembraremos na elaboración de alimentos conxelados e refrixerados, porá o foco na súa ampla gama de produtos e nas características de cada un deles para adaptarse ás necesidades das súas canles de comercialización.

CONGALSA adiantou que as novas referencias para hostalaría e restauración colectiva, baixo a marca Ibercook Food Service, “buscan responder as necesidades dos profesionais á hora de optimizar as elaboracións en cociña, aforrando tempos e diminucións, sen renunciar a produtos de máxima calidade e seguridade alimentaria”.

Ademais de ampliar e mellorar o seu catálogo de tapas, a empresa presentará novas propostas de pratos principais como os filetes de bacaladilla empanados e tres cortes de pescada europea que destacan, en palabras da compañía, “pola súa alta gramaxe e a calidade e frescura desta materia prima”.

Sustentabilidade

No apartado de produtos para gozar en casa, CONGALSA pon o foco en Conxemar nos beneficios dunha dieta saudábel, e este é o alicerce dos novos lanzamentos baixo a insignia Ibercook Fun Food. Seguindo este fío, dará a coñecer a nova gamaBio de empanadillas e rolos de primavera 100% naturais, os seus filetes de bacaladilla limpos e listos para cociñar provenientes de pesca litoral, e os produtos de pescada europea en formato adaptado ao fogar. A sustentabilidade será tamén protagonista, aproveitando o evento para dar a coñecer as principais estratexias de CONGALSA en materia de protección ambiental e economía circular.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...