Concellos de Barbanza Arousa, Xunta e Monbus abordan as melloras no transporte

21 Outubro 2021

Os concellos de Barbanza Arousa mantiveron unha reunión coa Dirección Xeral de Mobilidade e coa empresa Monbus co obxecto de acometer melloras no servizo de transporte público nos concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo. Tamén fixeron constar as suxerencias da veciñanza aportadas nos propios concellos e no correo electrónico habilitado pola Mancomunidade para este fin.

A próxima semana e durante 15 días habilitarase unha enquisa que estará presente de xeito telemático na páxina web de barbanzarousa.gal e tamén de forma física nos 4 concellos para coñecer as necesidades da veciñanza en canto ao transporte público.

Nesta enquisa os veciños especificarán os destinos das súas viaxes no transporte público e as horas ás que precisan chegar a estes destinos. Con esta información tratarase de aportar solucións ás problemáticas existentes en relación aos horarios e levar a cabo o servizo de forma consensuada entre todas as partes implicadas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.