Comeza no Son un obradoiro para estimular a memoria das persoas maiores

06 Outubro 2021

O Concello de Porto do Son organiza un obradoiro de envellecemento activo e hábitos saudábeis para a terceira idade. Celébrase os mércores pola mañá en Porto do Son, en dúas quendas, e máis os venres (en tres quendas: ás 9.30 na Casa da Cultura de San Pedro de Muro, ás 10.30 na de Xuño e ás 11.30 na de Caamaño).

Trátase do Taller de Memoria para Persoas Maiores, impulsado pola Concellería de Benestar Social. Darase servizo a veciñas e veciños de máis de 55 anos.

Para máis información, cómpre chamar ao teléfono 981 867 414.

As sesións dan comezo este mércores 6 de outubro.

As inscricións están abertas todo ano, e os horarios serán adaptábeis en función da demanda existente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.