Bernarda, de Malasombra Producións, o 30 de outubro no Auditorio de Rianxo

07 Outubro 2021

O Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña (a través da súa Rede Cultural) van traer ao Auditorio Municipal da vila, o 30 de outubro ás 20.30 horas, a obra Bernarda (Vilalba 1975), espectáculo da compañía Malasombra Producións baseado no texto orixinal de Jose Prieto, que tamén é director da adaptación teatral. A entrada desta representación (para maiores de 14 anos) é de balde, e pódese reservar a través da web do Concello.

O elenco está integrado por Celia González, Luisa Merelas e Esther Aja.

Bernarda, cualificada pola compañía como “un drama con humor para público adulto” é unha obra de 75 minutos que relata a vida das dúas fillas xemelgas dunha muller chamada Bernarda, que fica viúva o mesmo día en que morre o ditador Franco. Bernarda, ante este panorama de dupla desgraza, decreta o estado de loito.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

Choraba como un tolo e nunca pasaba nada. Outros rían como tolos e moitos esperaban, aga ocasión para chorar desesperadamente, como se cada un deles fose unha alma en pena saltandopolas alturas, polos cumes de Pena Trevinca, Punta Negra ou Pena Surbia. Naquelas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.