Cheo total nos catro obradoiros de maxia que o Mago Romarís vai impartir en Lousame

11 Outubro 2021

O primeiro dos catro obradoiros de maxia que o Mago Romarís vai impartir en Lousame foi todo un éxito de participación. Esta fin de semana, a casa da cultura Santeiros de Chave acolleu a primeira sesión, na que participaron doce nenos e nenas maiores de 8 anos que durante hora e media se introduciron no mundo da maxia da man deste
recoñecido mago.
As próximas sesións terán lugar os días 16 e 23 de outubro, rematando o 6 de novembro. A concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, amosa a súa satisfacción “pola boa acollida que tivo esta escola de maxia do Mago Romarís que inicialmente programamos con un avance da sexta edición do Festimaxia de Lousame pero que resultou todo un éxito pois nunha soa semana xa cubrimos todas as prazas dispoñibles”.
Deste xeito, medio cento de nenos e nenas de Lousame terán pasado pola escola de maxia do Mago Romarís antes de que dea comezo o VI Festimaxia de Lousame, que se desenvolverá o vindeiro mes de novembro.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.