O alumnado do obradoiro de cociña O Pote II vai asistir mañá venres no edificio do mercado a unha charla de presentación “Compe10cias LED”: un programa de formación coa que desenvolver 10 competencias emprendedoras para alcanzar o éxito á hora de poñer en marcha un negocio.
A acción estará impartida por Rafael Vázquez, Mentoring Manager de Fundación Ronsel. Terá lugar entre as 9 e as 11 horas.
