Boiro e Puebla buscan sumar de tres

15 Outubro 2021

P.P. Esta finde semana os dous equipos barbanzás da Preferente teñen unha oportunidade inmellorable para vencer e tratar de convencer. Tanto Boiro como Puebla aínda non puideron saborear os tres puntos neste comezo de liga logo das tres primeiras xornadas. O calendario quixo deparar que este domingo tanto boirenses como pobrenses se enfronten a dous rivais a priori asequibles para conseguir a primeira vitoria da tempada e recuperar as sensacións da pretempada.

Por un lado, os de Luis Carro visitan a un Xallas que este ano loitará pola permanencia. Aínda que se sitúa con tres puntos no casilleiro e porriba dos boirenses, os de Santa Comba contan cun plantel moi xusto e a única vitoria conseguírona fronte ao Vista Alegre, outro dos equipos frouxos da categoría. O CD Boiro visitará a Fontenla o próximo domingo a partir das 17:30 horas co obxectivo de traer os primeiros tres puntos para a casa e afrontar os vindeiros encontros con maior tranquilidade.

Doutra banda, o Puebla recibirá na Alta ao Vista Alegre Estudiantil, un equipo refundado a tempada pasada e que partiu en Terceira División, e desecendeu, e este ano tivo moitos problemas para confeccionar o plantel. A xornada pasada acudiron ao partido con tan só dous recambios no banquillo. Atópase na última posición con 0 puntos, 0 goles a favor e 6 en contra, un rival idóneo para que o Puebla consiga seu primeiro triunfo da tempada e comece a respirar. O encontro disputarase o domingo a partir das 17:00 horas na Alta.

CD Boiro

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...