Boiro e Puebla buscan a súa primeira vitoria

08 Outubro 2021

P.P. Non comezaron da mellor maneira posible, pero tanto Boiro como Puebla loitarán este domingo por facerse cos tres primeiros puntos. Dúas xornadas e nin boirenses nin pobrenses conseguiron aínda seu primeiro triunfo.

Por un lado os de Luis Carro suman un punto logo das dúas primeiras xornadas. Un empate na primeira xornada contra o Paiosaco en barraña onde se lle escapou a vitoria no último intre, e unha derrota de forma clara contra o Fisterra a semana pasada por 2-0. Este domingo recibirán ao líder con pleno de vitorias, ao Atlético Arteixo. Os coruñeses son os claros favoritos a loitar polo ascenso e xa golearon ao Puebla 4-0 na primeira xornada. Será un encontro que servirá aos boirenses para medir seu nivel realmente e saber a que aspiran esta tempada logo dunha gran pretempada. Espérase que Luis Carro mova ficha e faga cambios no 11 logo dos malos resultados, sobre todo despois da clara derrota a semana pasada. O encontro terá lugar en Barraña o domingo ás 17:30 horas.

O Puebla visitará o Carballal para enfrontarse co Boimorto nun partido, que ao igual que para o Boiro, se antolla clave para a confianza dos pupilos de Jesús Mella. Con un punto atópanse os da Alta logo da goleada recibida contra o Arteixo e do empate acadado na casa a semana pasada fronte ao Sigüeiro, nun encontro que na segunda metade mereceron máis. Enfronte terá ao Boimorto, un equipo caracterizado pola súa raza e loita e por ser un cadro aguerrido e moi difícil de gañar, Neste inicio de competición conseguiu 6 puntos de 6 posibles e está coa moral polas nubes logo de vencer no campo do Dubra. O encontro terá lugar o domingo a partir das 17:30 no Campo do Carballal.

Outros artigos

O BNG analiza coa veciñanza a situación da sanidade no Barbanza

O BNG reuniu onte á veciñanza do Barbanza nun acto aberto en defensa da sanidade pública, celebrado ás 20.00 horas na sala da biblioteca municipal da Pobra do Caramiñal. O encontro serviu para analizar a situación actual do sistema sanitario público galego na comarca...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Sempre respectable”. Luís Celeiro

“Sempre respectable”. Luís Celeiro

Era un rapaz coma moitos outros, coma todos os outros do seu lugar e dos outros. Choraba igual quechoran todos, cando hai que chorar, e sufría coma sofren os febles, os desamparados no mundoorganizado polos poderosos. Era loitador preparado para as inclemencias...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.