Bernarda de Malasombra chega este venres á Casa da Cultura de Boiro

18 Outubro 2021

Este venres 22 de outubro temos en Boiro unha cita co mellor teatro galego da man da compañía Malasombra Producións, que representará a peza Bernarda (no marco da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios) na Casa da Cultura a partir das 21.00 horas. O prezo das entradas é de 3,5 euros e poden mercarse no mesmo día da función a partir das 19.00 horas.

Bernarda é un espectáculo baseado no texto orixinal de Jose Prieto, que tamén é director da adaptación teatral. O elenco está integrado por Celia González, Luisa Merelas e Esther Aja.

Bernarda, cualificada pola compañía como “un drama con humor para público adulto” é unha obra de 75 minutos que relata a vida das dúas fillas xemelgas dunha muller chamada Bernarda, que fica viúva o mesmo día en que morre o ditador Franco. Bernarda, ante este panorama de dupla desgraza, decreta o estado de loito.

Outros artigos

As mulleres do ámbito social, protagonistas do 8M en Boiro

O Concello de Boiro celebra o 8M coas mulleres do social como protagonistas dun manifesto institucional no que participaron as mulleres de Amicos, BarbanTEA e Aloumiña que reivindicaron os seus dereitos e ratificaron o seu compromiso por unha sociedade mais...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

Nadie quiere la guerra, mentira. Cuando se cerró la fábrica de armas de Coruña (nombre ficticios) tanto Juan como el sobrino Pablo fueron al paro, y la hipoteca sin pagar. En el norte de España tenemos una fábrica de armas , entre otras cosa fabrica buenas escopetas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.