Benestar de Porto do Son reactiva a actividade de bailoterapia para maiores

04 Outubro 2021

O Concello de Porto do Son reactivou neste inicio de outono o programa local de Bailoterapia, coa que pretende achegar aos maiores do municipio unha alternativa de lecer que lles permita mellorar a súa saúde, a súa comunicación e a súa autonomía.

A actividade comeza este luns 4 de outubro e celebrarase en distintos espazos da localidade: os luns ás 18.00 horas no Polideportivo de Santa Irene en Porto do Son, os martes en Xuño (na Casa da Cultura ás 18.00 horas), os xoves en San Pedro de Muro (na Casa da Cultura tamén ás 18.00 horas).

Aqueles que precisen máis información poderán consultar a web do Concello ou chamar á Consellería de Benestar Social, organizadora da actividade, a través do teléfono 981 86 74 14.

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...