Até trinta obras participan na 34 edición do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón do Concello de Dodro

14 Outubro 2021

O pasado 8 de outubro rematou o prazo de entrega das obras candidatas ao XXXIV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, organizado polo Concello de Dodro, que fai saber que este ano foron presentados 30 poemarios.

O Concello nomeou como responsábel do desenvolvemento do certame á poeta, profesora e tradutora Elvira Ribeiro Tobío, quen conta cunha importante traxectoria no mundo literario e cunha extensa obra na nosa lingua. Foi Premio Rosalía de Castro de Cornellá (2003), accésit no Premio Faustino Rey Romero (2004), finalista do Premio Merlín (2007), Premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil (2008), Premio de poesía Victoriano Taibo (2009), Certame de poesía erótica Illas Sisargas (2011), Premio de Poesía Avelina Valladares (2013), Premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro (2015). Ten participado, ademais, como membro do xurado dos premios máis prestixiosos da poesía galega; entre eles, o Premio de Poesía Afundación, o Premio de Poesía Xohán Carballeira do Concello de Bueu, o Premio de Poesía Victoriano Taibo de Gondomar, o Premio Nacional de Poesía Xose María Pérez Parallé, o Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, o Premio Illas Sisargas de poesía erótica, os Premios Literarios Minerva, os Premios de Poesía e Relato da Universidade de Vigo.

O xurado designado polo Concello de Dodro para valorar os 30 traballos presentados ao concurso está composto por: Rexina Rodríguez Veiga, escritora e docente, Silvia Penas Estévez, poeta, perfomer e actriz, Oriana Méndez Fuentes, poeta e Francisco Valeiras Gónzalez, poeta gañador da pasada edición do certame.

O vindeiro 6 de novembro este tribunal dará a coñecer a obra gañadora do XXXIV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón. O acto oficial de entrega do galardón terá lugar o día 11 de decembro, case, coincidindo coa data do aniversario do falecemento de Eusebio Lorenzo Baleirón, poeta de Dodro ao que o certame rende homenaxe.

Outros artigos

Fondo pesar polo pasamento de Xesús Alonso Montero

O escritor, filólogo, docente e académico Xesús Alonso Montero faleceu este xoves en Vigo aos 97 anos, deixando tras de si unha traxectoria decisiva na configuración da crítica, da historia literaria e do pensamento galeguista contemporáneo. A Real Academia Galega, da...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.