Até oito compañías de renome participan na nova edición da Mostra de Teatro de Ribeira

01 Outubro 2021

Este 1 de outubro presentouse en Ribeira a axenda da que será a edición 2021 da Mostra de Teatro local, un completo cartel que traerá á localidade 8 compañías galegas de prestixio e que significará, tamén, a volta á actividade do Grupo de Teatro Municipal.

As funcións darán comezo o venres 15 de outubro e prolongaranse até o mes de decembro. Todas as actuacións están programadas para as 21.30 horas dos venres, no Auditorio Municipal. Pasarán actores de primeira liña como Luis Iglesia, Isabel Risco ou Cándido Pazó.

A concelleira de Cultura, María Sampedro, fixo saber na presentación do cartel que “nesta edición faise unha aposta polo xénero da comedia e invita ós veciños de Ribeira a participar da mostra facendo fincapé en que a cultura non contaxia”.

As obras de teatro están recomendadas para maiores de 16 anos. Para poder asistir é preciso adquirir previamente unha entrada. Pódense recoller de xeito individual por un prezo de 4 euros ou como un bono de 25 euros. Os abonos poderanse mercar a partir do 4 de outubro e ata o 15 na Casa do Concello, de luns a venres, de 9.30 a 13.30. No momento da expedición poderase escoller unha butaca por entrada.

O bono dará dereito a asistir a tódalas representacións agás á do Grupo Municipal, que esta será gratuíta e en aberto. Esta compañía será a encargada de clausurar a mostra coa obra O Rei, Telesforo busca noiva (e quere noivo) o sábado 11 de decembro.

A concelleira de Cultura quixo poñer en valor o traballo das case 30 persoas que conforman o Grupo Municipal, ó seu director Óscar Romero e a Chiqui Durán que viron truncada a estrea da función en varias ocasións por mor da pandemia.

Tamén explicou, no relativo á seguridade sanitaria, que o uso da máscara durante as funcións será obrigatorio e gardarase unha distancia prudencial entre as butacas, seguindo os protocolos de prevención da COVID. No caso de redución de aforo realizarase un sorteo público para escoller os bonos que se eliminan e procederase ó reembolso do importe.

Programación

• 15 de outubro. Mocos. Contraproducións.

• 22 de outubro. O gordo e o calvo 20 anos despois. Fran Rei e Pedro Brandariz.

• 29 de outubro. Conexión Pingüín. Cultactiva

• 5 de novembro. A parábola do angazo. Talía Teatro.

• 12 de novembro. Té con Kant. Inversa Teatro.

• 19 de novembro. Misión imposible. Inversa Teatro e Aporía Escénica.

• 26 de novembro. Bravas. Isabel Risco.

• 3 de decembro. Habeas Corpus. Malasombra.

• 11 de decembro. O Rei Telesforo busca noiva (e quere noivo). Grupo Municipal de Teatro de Ribeira.

Outros artigos

A enseada da Pobra dará a saída á Liga de Cruceiros Ría de Arousa

A unión entre os clubs máis representativos na escena cruceirista de Arousa vai facer posíbel que un ano máis se celebre a clásica regata invernal na ría. Os clubs Arousa Norte (A Pobra ), Ribeira, Rianxo e o centenario Real Club de Regatas de Galicia (Vilagarcía)...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

La vicepresidenta primera del Gobierno y ministra de Hacienda, María JesúsMontero, ha justificado la intervención de Moncloa en el relevo del presidentede la empresa Telefónica, en que “tocaba el proceso de renovación” y por quées muy importante que España cuente con...

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

Una Goleta, con tres palos, Trinquete, Mayor y Mesana, cada palo aguanta su vela. Así funciona y así navega, un palo no aguanta la vela que no le corresponde, cada quien aguanta la suya. Así pues, no es eficaz, que una persona transporte los problemas de otra, podrás...