“As outras Clara Campoamor”. Antón Luaces

01 Outubro 2021

Non eran nen serían nunca, avogadas, escritoras ou políticas como foi a deputada nas Cortes Republicanas (do 4 de xullo de 1931 ao 9 de outubro de 1933)  Clara Campoamor, cuxo verdadeiro nome era Carmen Eulalia Campoamor Rodríguez, defensora dos dereitos da muller española e que foi quen de crear a Unión Republicana Feminina. Tampouco foron -como aconteceu no caso de Clara Campoamor- impulsoras do sufraxio feminino, exercido por primeira vez nas eleccións de 1933. E viviron na España de guerra cando, a causa desta, Clara Campoamor fuxiu de España e morreu exiliada en Suiza o 30 de abril de 1972, á idade de 84 anos. 

Pero moitas desas outras Clara Campoamor foron, coma esta fora, modistas, dependentas de comercio ou telefonistas.
Na II República  e, en concreto mas eleccións de 1931, as mulleres podían ser elixidas, mais non podían votar porque se daba por feito -na opinión dos partidos da esquerda, agás o grupo de socialistas e algúns republicanos- que estaban moi influenciadas pola Igrexa e que votarían a prol da dereita. 

As que para min eran “as outras Clara Campoamor” non tiñan, na maior pàrte dos casos,  coñecementos, e moi poucas militaban en partidos recoñecidos coma tais. Desde as súas formulacións políticas reivindicaban, cando podían, a igualdade de dereitos da muller e a liberdade política. Pero na maior parte dos casos -como acontecía posteriormente na longa etapa franquista- a muller paría, educaba como podía aos fillos, non tiña dereito a ser empresaria (sen o consentimento do seu home) e nen siquera dispuña de liberdade para ter ao seu nome unha conta bancaria (sen que esta non contara co consentimento  do home, como tamén aconteceu ata superada a metade do século XX, con Francisco Franco Bahamonde como Xefe do Estado.

As “outras” Clara Campoamor traballaban arreo as terras e axudaban aos seus homes cando estes retornaban do mar vendendo nas prazas de abastos e voceando polas rúas das cidades e os camiños da aldea o peixe que  os maridos capturaran en horas e máis horas de traballo arreo no mar.Eran as “Clara Campoamor” de fábricas de salazón, de fábricas de conserva, de secadoiros de bacallao, polbo e congro. Machacaban a pedra para faceren morrillo destinado ás estradas de terra compactada, eran costureiras e, case que rozando a excelencia, chegaban a ser consideradas modistas. Ataban aparellos de pesca, carrexaban paxes e cestos de peixe que trasladaban aos pilóns dos fabriquíns de conservas aguantando pesos imposibles riba de cabeza, sobre a molida. 

Ser republicano, liberal, laico e democrático eran aspiracións coas que só soñaran algunhas daquelas mulleres que atopaban a súa realidade máis certa no lume feito con carabullos e carozas dos piñeiros para quecer unha hipotética comida non sempre dabondo para todos en casas feitas de suspiros e ausencias.

Eras as mulleres que nunca tiveron a oportunidade de representar ás demáis ou representárense a sí mesmas, pero que arelaban nas trincheiras da vida un cambio substancial  que só mulleres como Clara Campoamor podían poñer ao seu alcance.

Clara Campoamor está soterrada no cimeteiro de Polloe, na cidade basca de San Sebastián.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...