Arrancan en Corrubedo as obras de reforzo de pluviais e saneamento da rúa Bos Aires

20 Outubro 2021

O Concello de Ribeira informou do inicio das obras para reforzar a rede de pluviais e ampliar o saneamento da rúa Bos Aires, a vía de entrada á parroquia de Corrubedo.

Segundo sinalan dende o Consistorio, a zona onde se centra esta obra “non ten a día de hoxe suficiente capacidade para recoller toda a auga superficial cando se dan chuvias intensas, o que motiva que se produzan acumulacións de auga na calzada, e ademais algúns tramos da rúa carecen de saneamento”.

O proxecto técnico elaborado polo Concello persegue por unha parte a mellora da rede de drenaxe da rúa Buenos Aires e por outra a ampliación da rede na marxe esquerda da vía.

No que respecta ao primeiro aspecto, instalarase un colector de PVC SN8 corrugado de 400 milímetros de diámetro e 188 metros de longo, ademais de 17 pozos de rexistro. En canto ao saneamento, instalarase unha tubaxe SN4 de 315 milímetros de diámetro e 120 metros de longo, así como 4 pozos de rexistro e 12 acometidas domiciliarias.

A obra vai ser executada por Construcciones Anspal, S.L. Comporta un investimento de 40.535 euros, IVE incluído, e adscríbense ao Plan de Aforro e Investimento (PAI) da Deputación Provincial da Coruña.

Contan cun prazo de execución de tres meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.