Arousa Norte e a Xunta intensifican en Rianxo o seu traballo a prol da visualización da nosa comarca

15 Outubro 2021

O Consistorio de Rianxo acolleu este 15 de outubro unha xuntanza entre o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e os representantes da Mancomunidade Arousa Norte, que preside arestora o rexedor rianxeiro, Adolfo Muíños. No encontro o representante do Goberno galego informou do recente convenio asinado con esta mancomunidade que contempla un investimento de 48.000 euros para a subvención de actividades relacionadas coa promoción, a dinamización e o fomento do turismo. Pola súa banda, os catro concellos tamén levará na cabo unha contribución de 12.000 euros.

Trenor destacou que “este apoio económico permitirá a promoción do turismo náutico e gastronómico dos concellos”. Segundo concertou, no eido do turismo marítimo apoiarase a creación dun equipamento dunha rede de bases náuticas e no eido gastronómico promocionarase a marca A Conserva a Orixe e a organización do evento Barbanza Arousa+Que Tapas.

O convenio tamén contempla a posta en valor do itinerario xacobeo que pasa pola nosa comarca: O Camiño do Barbanza (A Orixe).

Ademais, o acordo inclúe a proposta de elaboración dun produto turístico de calidade para a nosa contorna, a creación dun banco fotográfico e a asistencia a feiras turísticas.

O delegado da Xunta subliñou que “Arousa Norte é un dos destinos galegos que se caracteriza pola súa implicación e esforzo no desenvolvemento de produtos turísticos innovadores”. E engadiu que para “continuar traballando neste liña, o convenio de colaboración que hoxe se presentou establece as bases para a subvención de actividades para seguir colocando esta zona entre os principais destinos turísticos entre os visitantes que se achegan a Galicia”.

Na xuntanza tamén participaron María Barreiro, xefa territorial, Xosé Lois Piñeiro, alcalde da Pobra do Caramiñal, María José Sampedro, tenente alcalde de Ribeira, Carlos Rodríguez, concelleiro de turismo de Boiro e Fátima Cachafeiro, xerente da mancomunidade.

O acordo, amais de nas devanditas actuacións, céntrase na promoción turística comarcal realizando diferentes pezas de posicionamento do Camiño de Santiago, como é unha guía e un audiovisual e tamén na comercialización, mediante a creación de 65 paquetes turísticos que se posicionarán en axencias nacionais e internacionais. Con estas actuacións e outras que se están levando a cabo preténdese visualizar Barbanza como “un destino de primeira orde e o traballo pola calidade e a competitividade do sector”.

Outros artigos

O Entroido de Amicos celebra as distintas comunidades do mundo

O Entroido xa está a percorrer Galicia, e Amicos xa leva semanas preparándose para celebrar unha das festas máis divertidas do ano. Uns preparativos que a mañá deste xoves, 12 de febreiro materializáronse no Gran Festival do Entroido da entidade inclusiva do Barbanza,...

+

O BNG pide que se cubran as prazas médicas en Ribeira

Este xoves celebrouse unha nova concentración da Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza no Centro de Saúde, unha mobilización que volve contar co apoio do BNG. Dende a agrupación sinalaron que "a poboación ribeirense segue sufrindo o deterioro do servizo de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.