Ambar achegará á mocidade formación laboral para os sectores alimentario e agrario

18 Outubro 2021

Este venres 15 de outubro, a Asociación Ambar recibiu a resolución da convocatoria de axudas para iniciativas a prol da empregabilidade das persoas novas con capacidades diversas, achegadas pola Fundación ONCE a través da iniciativa Uno a Uno. Esta convocatoria ten como obxectivo contribuír á inserción sociolaboral de menores de 30 anos a través de programas de formación.

Ambar impartirá dúas formacións:

• Unha formación no sector da industria alimentaria: Operacións auxiliares de elaboración na industria alimentaria de 340 horas (220h de formación teórica e 120h de formación práctica na empresa). Estimase que o curso dará comezo no mes de novembro e finalizará a finais de abril do 2022.

• Unha formación no sector agrario: Actividades auxiliares en aproveitamentos forestais de 320 horas (200h de formación teórica e 120h de formación práctica na empresa). Estimase que o curso comezará en decembro e finalizará en maio de 2022.

Ambar explica que grazas a dotación económica subvencionada pola Fundación ONCE poderán asumirse os custes de contratación de persoal, material formativo, seguros, becas, gastos derivados da instalación, desprazamentos a empresas e gastos de xestión.

Respecto da formación que ten a data de inicio máis próxima, Operacións auxiliares de elaboración na industria alimentaria, está destinada a ocupación de persoal de almacén, carretilleiro ou carretilleira, auxiliares e operarios da industria alimentaria. Como dixemos, estímase que comezará no mes de novembro de 2021 e rematará en abril do 2022. Realizarase de maneira presencial nas instalacións coas que conta a Asociación Ambar en Ribeira (Frións/San Roque). O curso contará cunha fase teoría e outra práctica dun total de 340 horas. As persoas interesadas poden solicitar dende xa máis información a través de empregoinclusivo@asociacionambar.org ou formalizar a súa inscrición chamando directamente ó 981 87 44 80.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.