Alcalde de Ribeira e presidente de Portos estudan co colectivo flexibilacións na normativa para a pesca deportiva

19 Outubro 2021

O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, e a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, reuníronse esta mañá con dous representantes (Pedro Veiga e Francisco Pérez) do colectivo de pescadores deportivos do municipio que, estando disconformes coas restricións en zonas portuarias para a práctica desta actividade, tiñan solicitada a intermediación do
rexedor municipal para tratar de flexibilizar tales limitacións.
De resultas desta xuntanza, celebrada no porto de Santa Uxía, a entidade dependente da Consellería do Mar subliñou que hai expectativas de que prosperen varias das reclamacións efectuadas por este colectivo, que reuniu máis de 600 firmas en apoio das súas demandas. A tal efecto recibirán contestación coa maior brevidade posible unha vez as mesmas sexan analizadas polo miúdo .
Entre as cuestións que se van a estudar figura que se permita a pesca deportiva durante as fins de semana en tanto non hai actividade portuaria nas áreas pesqueiras e no peirao comercial.
O que si se considerou inviable é a posibilidade de que se autorice esta práctica recreativa en zonas de escollera xa que está prohibido pola normativa vixente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.