Accidente entre dous turismos en Té (Taragoña) cun positivo de alcol e drogas

11 Outubro 2021

A Policía Local de Rianxo informou dun accidente de circulación acontecido na noite deste 10 de outubro, sobre as 21.15 horas, na estrada DP7203 á altura do lugar de Té, en Taragoña. O accidente consistiu nunha colisión fronto-lateral entre dous turismos, con resultado de danos materiais e sen feridos, permanecendo a circulación no treito onde se produciu o accidente cortada parcialmente mentres non se puido retirar os vehículos con guindastre.
Un dos condutores dos vehículos implicados deu positivo na proba de alcoholemia, triplicando a taxa máxima de alcol permitida en aire expirado, e tamén se saldaron cun positivo as probas de drogas.
Están a instruír dilixencias polo accidente de circulación e por un presunto delito contra a seguridade do tráfico a Garda Civil de Tráfico do destacamento de Santiago de Compostela.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.