A Xunta salienta a implicación da Confraría de Noia na loita contra o lixo mariño

22 Outubro 2021

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, destacou hoxe a concienciación e o gran labor
desenvolvido nos últimos anos polo sector pesqueiro galego na loita contra o lixo mariño e puxo como exemplo á confraría de pescadores de Noia, que desde o ano pasado intensificou o seu traballo neste eido ao abeiro dos proxectos Econoia e Econoia II.
A representante da Consellería do Mar salientou durante a súa intervención no acto de clausura da xornada final da acción Econoia e de presentación da iniciativa Econoia II que a implicación no coidado dos mares é cada vez maior no conxunto da cidadanía pero especialmente entre os profesionais do mar. Neste sentido, incidiu en que atallar os
problemas derivados do lixo mariño é vital para preservar a economía local das zonas costeiras -asentada en sectores como a pesca, o turismo, a cultura mariñeira e o patrimonio natural- e garantir o futuro das novas xeracións.
Susana Rodríguez explicou que a Xunta leva máis dunha década traballando neste eido e concienciando ao sector da importancia de manter os mares limpos a través do Plan Marlimpo, ligado ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e que o ano pasado deu un paso máis coa convocatoria de axudas a proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños.
No marco da convocatoria de achegas de 2020 a confraría de pescadores de Noia presentou o proxecto Econoia I -desenvolvido entre 2020 e 2021- e na deste ano presentou o Econoia II, que se desenvolverá entre este exercicio e o próximo. A achega pública concedida a estas dúas iniciativas ascendeu a preto de 400.000 euros con accións como a realización de xornadas de recollida activa de residuos nas que participan arredor de 200 profesionais do marisqueo a pé.
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro incidiu en que, ademais do Plan Marlimpo, o Executivo galego participou e participa en numerosos proxectos de estudo do lixo mariño como o CleanAtlantic e puxo en marcha campañas de concienciación e sensibilización sobre o impacto deste problema como Bye, bye plástico.
Econoia e Econoia II
O proxecto Econoia, impulsado pola confraría de pescadores de Noia, resultou beneficiario dunha achega de algo máis de 200.000 euros na convocatoria de axudas á recollida de lixo mariño de 2020 e o seu desenvolvemento produciuse entre o ano pasado e 2021. As distintas accións promovidas no marco deste proxecto -recollida activa de lixo por parte de máis de 170 mariscadoras e mariscadores a pé e actuacións de formación e divulgación- permitiron retirar máis de 52 toneladas de residuos do litoral de Noia e realizar obras artísticas que foron recollidas nunha exposición.
O Econoia II, que dá continuidade ao anterior, desenvolverase entre 2021 e 2022 cun apoio público de preto de 200.000 euros. Entre as accións previstas está a recollida activa de lixo por parte de máis de 200 profesionais do marisqueo a pé, a realización dunha exposición e a elaboración de vídeos divulgativos para concienciar ao conxunto da
cidadanía sobre o dano que causa o lixo mariño.

Confraria San Bartolome Noia

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...