A Xunta apoia seis actuacións de mellora das infraestructuras turísticas da comarca cun investimento de máis de 125.000 euros

05 Outubro 2021

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Noia, Santiago Freire, visitaron a igrexa de San Martiño na que se levou a cabo a substitución do sistema de alumeado público ornamental.
O delegado territorial da Xunta na Coruña tamén destacou outros investimentos da Xunta que contan co apoio da Goberno autonómico relacionados coa eficiencia enerxética e coa mellora da iluminación como a instalacións de paneis solares na piscina municipal, que contou cunha achega de 48.000 euros do INEGA ou a mellora da iluminación do Concello que contará cunha axuda do Fondo de Compensación Ambiental da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo doutros 48.000 euros.
A mellora na igrexa de San Martín foi posible grazas a un investimento da Xunta de máis de 11.000 euros que se inclúe dentro das axudas do Goberno galego para a mellora das infraestruturas turísticas dos municipios. Na comarca do Barbanza, informou Trenor, a Xunta apoiou o ano pasado 6 actuacións que contaron cun investimento total de máis de
125.000 euros no concellos de Carnota, Noia, Outes, Porto do Son, Ribeira e na mancomunidade municipios Barbanza-Arousa Norte.
O delegado da Xunta informou tamén que a Xunta abriu unha nova liña de axudas para actuacións de mellora en infraestruturas turísticas en concellos de menos de 10.000 habitantes, que xa rexistrou máis dun cento de solicitudes. Trátase dunha convocatoria de subvención dotada cun orzamento de 3,5M€ que ten coma obxectivo seguir modernizando e dinamizando o sector turístico galego.
Trenor recalcou que con esta orde de axudas “buscamos seguir consolidando a oferta turística nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística”. “Esta obra na igrexa é un bo exemplo do tipo de iniciativas que saen adiante con estes apoios”, subliñou.
Estas actuacións buscan a posta en valor turístico dos recursos, precisamente o mesmo obxectivo da orde de axudas de 3,5 millóns de euros destinadas aos concellos de ata 10.000 veciños que seguen a ter o seu prazo de solicitude aberto ata o vindeiro 18 de outubro.
A través desta liña a Xunta financiará o 100% das actuacións dirixidas ao embelecemento de accesos aos recursos turísticos, instalación ou mellora da iluminación ornamental; creación ou acondicionamento de miradoiros paisaxísticos, sendeiros ou rutas ou a adecuación dos espazos para o estacionamento de vehículos; eliminación de barreiras arquitectónicas ou sinalización con elementos integrados de forma respectuosa coa contorna, entre outras accións. Os beneficiarios serán sempre concellos de ata 10.000 habitantes beneficiario cunha contía máxima por axuda concedida de 30.000 euros.
Esta liña de axudas encádrase no paquete de axudas de case 16 billóns de euros aprobado a comezos do mes de setembro para darlle continuidade ás medidas de apoio e reactivación do sector turístico por importe de 31,2M€ das diferentes convocatorias destinadas a apoiar ao sector. En total o Goberno galego destinará este ano 120M€ ao
impulso da hostalería e a industria turística galega, entre os 31,2M€ das distintasconvocatorias de axudas e os case 90M€ abonados aos hostaleiros a través dos dous primeiros Plans de Rescate.

CARNOTA

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA TURISMO
DE GALICIA E O CONCELLO DE CARNOTA PARA A
REALIZACIÓN DE DETERMINADAS ACTUACIÓNS DE MELLORA
DAS INFRAESTRUTURAS TURÍSTICAS NESE CONCELLO

Subministros para
embelecemento e
sinalización dos recursos
turísticos de Carnota

30.000,00 €

MANCOMUNIDADE
MUNICIPIOS
BARBANZA-AROUSA
NORTE

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA TURISMO
DE GALICIA E A MANCOMUNIDADE MUNICIPOS BARBANZA-
AROUSA NORTE PARA A REALIZACIÓN DE DETERMINADAS
ACTUACIÓNS DE MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS
TURÍSTICAS NESE CONCELLO

Sinalización destino Arousa
Norte e panelización do
percorrido terrestre que
acompaña á Ruta Xacobea
Mar de Arousa-Río Ulla

6.606,60 €

NOIA

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA TURISMO
DE GALICIA E O CONCELLO DE NOIA PARA A REALIZACIÓN DE
DETERMINADAS ACTUACIÓNS DE MELLORA DAS
INFRAESTRUTURAS TURÍSTICAS NESE CONCELLO

Substitución do sistema de
alumeado público
ornamental na igrexa de San
Martin de Noia

11.231,22 €

OUTES

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA TURISMO
DE GALICIA E O CONCELLO DE OUTES PARA A REALIZACIÓN
DE DETERMINADAS ACTUACIÓNS DE MELLORA DAS
INFRAESTRUTURAS TURÍSTICAS NESE CONCELLO

Sinalización turística dos
recursos naturais e
patrimoniais vinculados a
rutas existentes no concello

25.325,30 €

PORTO DO SON

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA TURISMO
DE GALICIA E O CONCELLO DE PORTO DO SON PARA A
REALIZACIÓN DE DETERMINADAS ACTUACIÓNS DE MELLORA
DAS INFRAESTRUTURAS TURÍSTICAS NESE CONCELLO

Aseos adaptados e servizo de
socorrismo na Praia de
Ornanda

22.711,34 €

RIBEIRA

CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A AXENCIA TURISMO
DE GALICIA E O CONCELLO DE RIBEIRA PARA A REALIZACIÓN
DE DETERMINADAS ACTUACIÓNS DE MELLORA DAS
INFRAESTRUTURAS TURÍSTICAS NESE CONCELLO

Mellora da accesibilidade ao
mirador Pedra da Ra 30.000,00 €

TOTAL 6 AXUDAS

125.874,46

Outros artigos

A Pobra do Caramiñal mostra xa ao Valle-Inclán máis íntimo

A cesión de obxectos persoais e mobiliario do Pazo da Mercé onde residiu o autor, xunto á súa biblioteca persoal, completa a colección do seu museo na localidade coruñesa. O pleno do concello da Pobra do Caramiñal aprobaba esta mesma semana unha corrección de erros...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

Si se cumplen las predicciones demoscópicas, el próximo domingo EH Bildu ganará las elecciones en el País Vasco, superando por primera vez al PNV en escaños y en votos. El fenómeno de crecimiento abertzale está rasgando las vestiduras de muchos politólogos y...