A veciñanza de Artes e BNG reclaman actuacións para mellorar a conexión de internet

14 Outubro 2021

A veciñanza de Artes recolleu case un cento de sinaturas para instar ao Concello de Ribeira e á Xunta de Galiza a actuar ante as empresas de telefonía para mellorar a conexión a internet nas zonas rurais.

Os membros do BNG, Xosé Vázquez, Luís Pérez e Cruz Rivadulla acompañaron ao veciño que iniciou a recollida de sinaturas, Roi Paz, quen expuxo que hai moitas zonas que xa teñen instalada a fibra óptica pero que a zona do Outeiro en Artes mantense excluída da posta en marcha desta conexión malia levar tempo instalada. “Hai veciños e veciñas que levan meses reclamando ás diferentes compañías que poñan en marcha este servizo sen éxito, por iso é preciso que as Administracións se impliquen para resolver este problema” argumentou. Roi Paz agradeceu a implicación dos membros do BNG por facilitarlle o asesoramento necesario para levar a diante esta acción e por trasladar este asunto ao Concello de Ribeira.

Pola súa banda, o concelleiro nacionalista Luís Pérez Barral, mostrou o respaldo do BNG a esta acción que procura mellorar un servizo básico tan necesario como é o acceso a Internet. Pérez Barral defendeu que a poboación das zonas rurais debe contar con todos os servizos fundamentais como o saneamento, a auga, o lixo ou o alumeado pero tamén o acceso a internet de calidade, e debe telos do mesmo modo que os teñen os habitantes das zonas urbanas.

Desde o BNG anunciaron que presentarán unha iniciativa plenaria ante as queixas recollendo as demandas da veciñanza de Artes pero tamén doutras parroquias para que o goberno local actúe para garantir un servizo de internet de calidade. “O goberno local non pode mirar para outro lado, debe actuar ante as empresas porque é fundamental garantir este servizo nun momento no que cada vez hai máis educación a distancia e xornadas de teletraballo” argumentou Barral.

Os nacionalistas lamentan que o Partido Popular permaneza inmóbil ante a fenda dixital que hai no concello e ante o feito de que haxa empresas que reciben subvencións para instalar a fibra óptica pero que logo non a poñen en funcionamento ou que cobran máis caro por un servizo de peor calidade nas áreas rurais..

Ante esta situación, o BNG esíxelle ao Concello de Ribeira e á Xunta que establezan contacto coas compañías telefónicas para que aumenten o despregamento da fibra óptica e que o poñan en funcionamento de maneira inmediata alí onde xa está instalado para garantir un servizo de calidade en igualdade de condicións para toda a veciñanza.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.