A UE pide garantías na obriga de cumprir as normas de desembarque

04 Outubro 2021

​Antón Luaces.- Hai uns días informamos neste xornal barbanzónico do cuestionamento que facía a Unión Europea do control da pesca por parte de España e Francia.. Pois ben, ambos os países veñen de recibir unha carta de emprazamento da Comisión Europea, carta que na que se lles pide (polo de agora non “esixe”) que garantan “o cumprimento das obrigas de control e execución da obriga de desembarque”.

Nun comunicado de prensa dado a coñecer o 23 de setembro, enumerábanse todos os procedementos iniciados durante o mes anterior. Lembraba asimesmo nese comunicado o envío a ambos os países de senllas cartas ao respecto, citando, entre outras cuestións, o incumprimento das prohibicións dos descartes por parte dos Estados membros. As cartas citadas dan aos Estados dous meses antes de pasar previsiblemente á segunda fase do dictame, citando en concreto que “España e Francia non teñen garantido  o control e o cumprimento da obriga de que todas as capturas de especies suxeitas a límites de capturas e, no Mediterráneo, as especies suxeitas a tamaños mínimos, sexan devoltas  e retidas a bordo dos barcos pesqueiros e, porteriormente, rexistradas, desembarcadas e contabilizadas con respecto ás cotas, no seu caso” .
Unha coaligación de ONG medioambientais secundou a advertencia da Comisión. Esta Coaligación para o Control da Pesca na Unión Europea, afirma que “esta é a oportunidade perfecta para que a ministra francesa do Mar, Annick Girardin, resolva estes problemas de aplicaxción e garanta que a futura lei estableza normas que garantan un mellor cumprimento da normativa”, advertencia que, polo de agora, semella non ter acadado efectos positivos na resposta por parte de España.A directora de gobernanza marítima de The Nature Conservancy, Marta Marrero Martín, coida que a dixitalización “sería unha solución” e polo tanto  “francia debería aproveitar a actual revisión da normativa de control da pesca para garantir a instalación de cámara a bordo dos buques de máis de 12 metros de eslora e dos de menos de 12 metros que corren o risco de incumprir as normas de control”, cuestión esta que, para a inmensa maioría deste tipo de embarcación non son de recibo en España,como quedou evidenciado xa en distintos encontros realizados ao longo da xeografía marítima española.
Este prazo de dous meses outorgados pola Comisión a España e Francia pode ser decisivo para a administración pesqueira española -posiblememte tamén para a francesa- perro de moi dubidosa resposta por parte dos armadores e tripulantes que, como queda dito, xa expresaron o seu máis absoluto desacordo coa formulación comunitaria.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...